Vigo - Crea as túas fotografías para a campaña de Nadal

Data Inicio:  22/11/2018 19:00    
Data Fin:  22/11/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
En nadal a imaxe do noso produto cobra aínda máis importancia, debemos tentar atopar e transmitir o estilo propio do noso produto/marca/servizo para conseguir resaltar entre a multitude este nadal. Aprenderemos a entender o nadal, a compoñer e enfocar a nosa fotografía de forma que atopemos ese estilo que realce o noso produto. 

Índice de contidos:
- Tipos de clientes e tipos de fotografías
- Dispara en manual
- A regra da terzos
- Composición do Nadal: estilos, cores, tendencias….
- Crea a túa campaña de nadal: calendario de advento
- Práctica, o paso a paso

O obradoiro será impartido por Uxía Alvarez fotógrafa e xestora de redes sociais, especializada en fotografía de produto, estilismo fotográfico e fotografía enfocada a redes sociais. 
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse