Pontevedra - Fotografía de produto: especial sector téxtil

Data Inicio:  18/10/2018 19:00    
Data Fin:  18/10/2018 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
OBXECTIVO
Desde os últimos anos en España a venda online do sector textil e en xeral do sector moda (calzado, joyería/bisutería, accesorios) veu crecendo a un paso acelerado. Isto trouxo como consecuencia que o cliente está máis maduro, sabe cando e en que momento benefícialle realizar unha compra online no canto dunha compra tradicional no comercio offline. Aquí entra en xogo a fotografía e últimamente o vídeo do produto, sendo as ferramentas que temos ao alcance para poder ofrecer información visual aos clientes potenciais. 
Hai que concienciarse de que unha parte importante á hora de montar unha tenda online debe ser destinado á fotografía e/ou vídeo de produto, xa sexa en tempo e/ou investimento. 
Por iso neste taller práctico aprenderás as cuestións básicas da túa cámara para que poidas obter as fotos que ti queres e non as que ela faga por si soa. Coñecerás que tipo de iluminación podes usar para fotografar os produtos e como preparar a foto para subila a redes sociais ou a unha páxina web. 


CONTIDO
•	Introdución
•	Coñeces a túa cámara? Simulador virtual de cámara.
•	Equipo necesario: iluminación, fondo, e/ou cubo de luz.
•	Técnicas de fotografía no sector Moda.
•	Para a práctica tomar en conta o seguinte:
o	É indispensable o uso dunha cámara digital que teña o modo manual. 
Cada participante pode traer unha peza, xa sexa roupa (coa súa percha) ou calzado. Si alguén quere levar un maniquí tamén é aceptable.
o	En caso de non dispoñer de cámara digital pódese aceptar o uso do móbil, a condición de que a cámara deste sexa de máis de 10 megapíxeles. E haberse descargado a aplicación Camera Zoon FX (para Android) ou Camera (para iOS).
o	Edición e preparación da foto para subila a internet.

O obradoiro será impartido por Uxía Alvarez fotógrafa e xestora de redes sociais, especializada en fotografía de produto, estilismo fotográfico e fotografía enfocada a redes sociais.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Agosto 2019 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento