Barro-Meis - Arduino avanzado con ferramentas libres

Data Inicio:  14/03/2018 11:00    
Data Fin:  14/03/2018 13:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Este obradoiro pretende profundar e ampliar os coñecementos acerca da placa de Arduino. Daranse os primeiros pasos no desenvolvemento de proxectos, a utilización de sensores e mostraranse as posibilidades que ofrece para a construción de dispositivos dixitais.

 Índice de contidos

- Coñecemento Libre  vs Gratis.
- Que é un robot?
- Elementos dunha placa controladora
-  Pines Dixitais e Analóxicos
- Primeiro Contacto Físico con "Un Cerebro de Robot"
- Que son Sensores, como funcionan e facelos funcionar
- Que son  Actuadores, como funcionan e facelos funcionar
- Os nosos Primeiros Proxectos
- Ata onde chegar?

O taller será impartido por Fernando A. Coladas, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D,  formador técnico en novas tecnoloxías con máis de 22 anos de experiencia profesional.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse