Programación con Arduino Módulo II - Parte I

Data Inicio:  15/05/2024 10:30    
Data Fin:  15/05/2024 13:30 Duración:  3:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático vía Zoom.

O obxectivo do itinerario é iniciarse e adquirir unha certa fluidez cunha das linguaxes de programación máis populares na actualidade como é Arduino, o que farémolo desenvolvendo unha serie de obradoiros teóricos en liña e a realización de obradoiros prácticos para experimentar o aprendido desenvolvendo montaxes como; a programación dunha man mecatrónica, un brazo robótico ou un sistema hidropónico.

O itinerario completo é de 24 horas de formación, 12 teóricas e 12 prácticas. Divídese en dous módulos:

-Programación con Arduino Modulo I; Consta de 3 obradoiros, 2 deles teóricos en liña de 3 horas de duración cada un e 1 obradoiro práctico presencial de 4 horas de duración. Así, un total de 10 horas formativas.

-Programación con Arduino Modulo II; Consta de 4 obradoiros, 2 deles teóricos en liña de 3 horas de duración cada un e 2 obradoiros prácticos presenciais de 4 horas de duración cada un. Así, un total de 14 horas formativas.

Índice de contidos: Programación con Arduino Module II-Parte I (3 horas)
-Máquina de estados
-Comprobar o valor de... se é igual a...
-Programación dun Luzómetro 
-Máquina de estados da casa Domótica I 
-Programación Domótica I
-Máquina de estados da casa Domótica II
-Programación Domótica II

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D e Técnico en Seguridade Informática para Empresas con máis de 8 anos de experiencia impartindo obradoiros de formación.
Url do Evento: https://forms.gle/YAAfBQd2DeKj4PzM6
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse