Programación con Arduino Módulo I - Parte II

Data Inicio:  24/04/2024 10:30    
Data Fin:  24/04/2024 13:30 Duración:  3:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Taller telemático vía Zoom.

O obxectivo do itinerario é iniciarse e adquirir unha certa fluidez cunha das linguaxes de programación máis populares na actualidade como é Arduino, o que farémolo desenvolvendo unha serie de obradoiros teóricos en liña e a realización de obradoiros prácticos para experimentar o aprendido desenvolvendo montaxes como; a programación dunha man mecatrónica, un brazo robótico ou un sistema hidropónico.

O itinerario completo é de 24 horas de formación, 12 teóricas e 12 prácticas. Divídese en dous módulos:

-Programación con Arduino Modulo I; Consta de 3 obradoiros, 2 deles teóricos en liña de 3 horas de duración cada un e 1 obradoiro práctico presencial de 4 horas de duración. Así, un total de 10 horas formativas.

-Programación con Arduino Modulo II; Consta de 4 obradoiros, 2 deles teóricos en liña de 3 horas de duración cada un e 2 obradoiros prácticos presenciais de 4 horas de duración cada un. Así, un total de 14 horas formativas.

Índice: Programación con Arduino Module I.II (3 horas):

-Bucle if..if else... else if.
-Porto serie.
-Lámpada de escritorio
-Servos, biblioteca servos II. características
-Potenciómetro

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D e Técnico en Seguridade Informática para Empresas con máis de 8 anos de experiencia impartindo obradoiros formativos.
Url do Evento: https://forms.gle/ejPN6bV572FFj4t46
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse