Ciberseguridade - Cifrado do PC, BitLocker

Data Inicio:  18/03/2024 10:30    
Data Fin:  18/03/2024 11:30 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Iniciamos unha nova serie de obradoiros de ciberseguridade para ir formándonos en aspectos fundamentais que debemos ter en conta, o formato é de 30 minutos como máximo e unha frecuencia semanal para favorecer un aprendizaxe fácil e progresivo.

“Ciberseguridade. Cifrado do PC, BitLocker” o obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer a importancia de ter os nosos datos cifrados e por que. A ferramenta que usaremos para cifrar o noso ordenador é BitLocker, veremos como funciona e como podemos instalala.

Índice de contido:

- Por que cifrar o PC.
- Que é BitLocker.
- Instalación de BitLocker.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D e Técnico en Seguridade Informática para Empresas con máis de 8 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Url do Evento: https://forms.gle/RjYq8ijKRuM2oQYn8
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse