Evento
Ferramientas de texto con IA, Chat GPT, Gemini e Mixtral
Data Inicio: | 14/03/2024 11:00 | ||
Data Fin: | 14/03/2024 13:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Barro-Meis | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Iniciamos un novo itinerario formativo co obxectivo de mostrar e divulgar as distintas ferramentas xa dispoñibles con Intelixencia Artificial Xerativa, faremos 3 obradoiros formativos, un dedicado a ferramentas xerativas de texto, outro a ferramentas xerativas de imaxe e un terceiro con ferramentas xerativas de vídeo. “Ferramentas de texto con IA – Chat GPT, Gemini e Mixtral.” É un obradoiro formativo para coñecer e comezar a utilizar ferramentas que usan modelos de IA xerativa de textos como Chat GPT, Gemini de Google e Mixtral de código aberto e execución en local, veremos algunhas recomendacións para xerar prompts e diversos exemplos de xeración de textos. Índice de contidos: - Que é Chat GPT e os modelos de IA xerativa de texto? - Como interactuar con modelos de IA xerativa de texto - Chat GPT - Gemini Pro - Mixtral, a opción de código aberto - Exemplos de uso O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D e Técnico en Seguridade Informática para Empresas con máis de 8 anos de experiencia impartindo obradoiros de formación. | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/hEF3Eq84CDoyg4yr6 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse