Evento
O teu plan de márketing dixital paso a paso
Data Inicio: | 30/03/2023 18:00 | ||
Data Fin: | 30/03/2023 19:00 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Pontevedra | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. En numerosas ocasións os emprendedores e empresas consolidadas lánzanse a realizar accións de márketing online, sen ter un plan de márketing dixital previo: publicar calquera contido e en calquera momento en redes sociais, crear un artigo no blogue sen realizar un estudo previo da temática, facer publicidade sen un obxectivo claro… A consecuencia: o fracaso das súas campañas dixitais. Un Plan de Márketing Dixital é esencial para que unha empresa teña éxito na contorna online. Neste taller entenderemos que é un plan de márketing dixital, para que serve e como crear o noso paso a paso cun exemplo real. Contidos: • Que é un Plan de Márketing Dixital • Por que o necesito? Beneficios • Pasos para crear o teu Plan de Márketing Dixital Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online. | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/Wrtcctdc6hMvYfQR9 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse