Evento
Redes sociais para establecementos turísticos
| Data Inicio: | 25/01/2023 17:30 | ||
| Data Fin: | 25/01/2023 19:30 | Duración: | 2:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Vigo | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro presencial na Sala de Benestar Social do Concello de Bueu (Rúa de Eduardo Vicenti, 8, 36930 Bueu, Pontevedra). Se tes un establecemento turístico, sexa un aloxamento ou un restaurante, poderás descubrir a través deste obradoiro cales son as vantaxes e inconvenientes de usar as redes sociais como estratexia para captar clientes para o teu negocio. Falaremos de como e cando debemos usar cada unha das redes sociais segundo o teu público obxectivo. Índice: 1. Vantaxes e inconvenientes das Redes Sociais 2. Fases de compra do turista dixital 3. Cando usar cada rede social 4. Como usar cada rede social 5. Outras redes sociais turísticas (tripadvisor, minube, foursquare...) O obradoiro será impartido por Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela con máis de 10 anos de experiencia no sector turístico. Xestionando aloxamentos, creando paquetes, produtos e presenza das marcas en redes sociais. Apaixonada da fotografía e o márketing dixital. | |||
| Url do Evento: | https://forms.gle/fgGBf8bqBdnKzetb7 | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse
Rexistro
Calendario eventos
| « | Agosto 2026 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | |||||
| 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
| 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
| 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
| 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
| 31 | ||||||
- Ficha de Google ao Máximo10 de setembro de 2026 12:00Máis información
- Como empregar a IA para facer SEO17 de setembro de 2026 12:00Máis información
- Non deixes en «Visto» as túas vendas24 de setembro de 2026 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento