Evento
Deseña a túa páxina web de maneira sinxela con Elementor
Data Inicio: | 31/01/2023 17:00 | ||
Data Fin: | 31/01/2023 18:00 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Ponteareas | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. Elementor é un construtor gratuito de páxina de WordPress. Isto quere dicir que che permite crear sitios web de WordPress profesionais da forma máis doada e rápida posible, sen tocar código e sen saber de programación. Neste obradoiro aprenderemos a instalalo, configuralo e traballar con el para crear a nosa páxina web ou tenda dende 0. Índice de contidos 1. Primeiros pasos 2. Instalación de WordPress e Elementor 3. Como deseñar con Elementor 4. Conclusións O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital. Inscricións a través da seguinte ligazón: | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/WwAGFhs7mh1y3ehB8 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse