Evento
Programación con Arduino I. Teórico I
Data Inicio: | 13/10/2022 11:00 | ||
Data Fin: | 13/10/2022 13:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Barro-Meis | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
O obxectivo do itinerario é de iniciarse e adquirir certa soltura cun das linguaxes de programación máis populares actualmente como é Arduino, farémolo desenvolvendo unha serie de talleres teóricos en liña e realizaremos talleres prácticos para experimentar o aprendido desenvolvendo montaxes como programar unha man mecatrónica, un brazo robótico ou un sistema hidropónico. O itinerario completo é de 24 h de formación, 12 teóricas e 12 prácticas Divídese en dous partes: - Programación con Arduino I, son 4 talleres 3 deles teóricos de 2 horas de duración cada un e en liña e un cuarto taller práctico presencial de 4 horas. Facendo un total de 10h formativas. - Programación con Arduino II, son 5 talleres 3 deles teóricos de 2 horas cada un e en liña e outros 2 prácticos presenciais de 4 horas cada un. Facendo un total de 14 horas formativas. Índice de contidos Programación con Arduino I. Teórico I. 2 horas - Que é Arduino? Placas Arduino - Pin dixital e Pin Analóxico - Sensores e Actuadores - Contorna de programación IDE Arduino - Pin Mode, DigitalWrite, Delay - Primeiro programa, parpadeo dun led - Bucle For, Variables - Segundo programa, semáforo O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación. | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/DKdKnMqWJXdoPBYYA |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse