Evento
Pontevedra - Como empregar eficientemente Google e Google apps for Business
Data Inicio: | 05/04/2017 19:00 | ||
Data Fin: | 05/04/2017 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Pontevedra | ||
Tipo de Evento: | Taller | Temática: | Utilidades |
Tipo de Solución: | Ofimática e Utilidades | ||
"Este obradoiro ten como obxectivo axudar a empresa nas procuras en Google para aforrar tempo e esforzo. Hoxe en día millóns de persoas utilizan este buscador, pero a maior parte dos usuarios non o usan de forma eficiente, pois existen varios comandos (uns coñecidos e outros non tanto) que nos permiten realizar unha busca máis exacta. O que se trata con esta actividade é facilitar á empresa o uso desta ferramenta e facer máis eficientes as súas procuras. Índice de contidos • Introdución: que é google? Como funciona? Que é a nube? • Uso eficiente de google • Google Apps: que é?, versións, produtos e utilidades • Obradoiro práctico O Obradoiro será impartido por Alberto Falcón, Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad do País Vasco e Máster en Integración de Redes en contornas Internet, con mais de 12 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Especialista en Marketing Online" |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse