Evento
Lalín - Google Analytics: Iniciación á analítica Web
Data Inicio: | 30/03/2017 19:00 | ||
Data Fin: | 30/03/2017 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Lalín | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Tipo de Solución: | Intelixencia de Negocio (BI) | ||
"Neste obradoiro trataremos de iniciar a autónomos, pequenos empresarios e emprendedores na análise dos resultados que obtemos nos nosos sitios web. A analítica web é unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento das persoas usuarias para que poidamos mellorar a súa experiencia. Desta forma seremos máis atractivos e obteremos máis visitas e de mellor calidade, o que nos axudará a obter máis e mellores vendas. • Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web • Como funciona Google Analytics? • Creación dunha conta • Creación e instalación do código de seguimento • Conceptos e métricas básicas • Informes estándar ¡Mans á obra! O obradoiro será impartido por Eliana Bouzas, Licenciada en publicidade e relacións públicas pola Uvigo e Master en Tecnoloxías da Información e desenvolvemento rexional pola USC, con máis de 6 anos de experiencia vinculada a proyectos de alfabetización e capacitación dixital." |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse