Pontevedra - Como ser eficiente na organización do teu tempo: Evernote

Data Inicio:  12/01/2017 19:00    
Data Fin:  12/01/2017 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller  Temática:  Utilidades
 
Tipo de Solución:  Ofimática e Utilidades
 
   
 
Evernote: A forma mais intelixente de traballar

Con mais de 150 millóns de usuarios Evernote é a ferramenta de produtividade por excelencia.

Descubre como centralizar o coñecemento da túa empresa e localizar aos teus expertos, atopar información e compartir co teu equipo nun espazo de traballo para todo o mundo.

Obxectivos:

Coñecer as funcionalidades de Evernote:
-Capturar texto, listas, documentos, tarxetas de visita, fotos, emails, audio, páxinas web, recordatorios, escritura a man.
-Axuntar en notas documentos PDF, Word, Excel
-Realizar anotacións sobre documentos PDF
-Compartir todo iso co teu equipo
-Atopalo todo rapidamente
-Realizar presentacións cun só click
-Desenvolver fluxos de traballo para a túa empresa ou equipo
-Descubrir información grazas ao asistente dixital de pescuda
-Protexer a información da empresa

Contido:
-Non volvas a esquecer nada, recorda todo rapidamente
-20 segundos para converter unha tarxeta de visita nun contacto en Linkedin
-Traballo colaborativo, mantén os proxectos e o traballo do teu equipo nun só lugar
-Realiza presentacións cun so click
-Constrúe a base de datos de coñecemento da empresa e busca en contexto
-Caso práctico: Fluxos de traballo

Destinado a:
-Profesionais e directivos
-Empresarios
-Equipos de traballo
-Calquera que queira ser mais produtivo no seu traballo


Impartido por 

Alejandro Arce Herrero
ECC Consultor Certificado Evernote
Socio de Visual Publinet
@arcerrero
 
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Xuño 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento