Evento
Ponteareas - Google Analytics: Interpretación dos datos e toma de decisións
Data Inicio: | 30/01/2017 19:00 | ||
Data Fin: | 30/01/2017 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Ponteareas | ||
Tipo de Evento: | Taller | Temática: | Utilidades |
Tipo de Solución: | Intelixencia de Negocio (BI) | ||
Obxectivo: O tema que se abordará neste curso correspóndese coa segunda parte do obradoiro Google Analytics: Iniciación á analítica Web. Nesta parte centrarémonos en interpretar os datos dos informes máis importantes e en entender as diferentes métricas e dimensións dos resultados que obtemos nos nosos sitios web. A idea principal que se busca alcanzar é poder chegar á toma de decisións óptima e corrixir pautas para mellorar os nosos obxectivos comerciais. Contidos: • Dimensións métricas e valores • As vistas • Os obxectivos • Embudes de conversión • Referencia de tráfico de campañas O taller será impartido polo perito informático Francisco Lorenzo, enxeñeiro Técnico en informática de Sistemas pola Universidade da Coruña e enxeñeiro Técnico en informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de “Seguridade informática” e “Sistemas virtualizados”, levanto mais de dez anos no sector de virtualización de sistemas e consolidación de servidores. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse