Evento
Vigo - Como utilizar Instagram para promover a túa empresa
Data Inicio: | 31/01/2017 19:00 | ||
Data Fin: | 31/01/2017 19:00 | ||
Organizado por: | Punto SmartPeme Vigo | ||
Tipo de Evento: | Taller | Temática: | Publicidade, marketing on line e redes sociais |
Tipo de Solución: | Portais e Xestión de Contidos (ECM/CMS) | ||
Obxectivo Unha imaxe vale mais que mil palabras, a proba atopámola en Instagram, a rede social de contido audiovisual que mais ten crecido nos últimos anos. De uso sinxelo e con un gran publico potencial, permite aos profesionais e ás empresas conectar de forma rápida coa súa audiencia, creando unha imaxe de marca cércana formando unha comunidade activa arredor da mesma. Neste taller adestrarémonos en Instagram dende o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos. Contidos 1. Introdución a Instagram 2. Por que a miña empresa debería estar en Instagram? 3. O perfil de empresa en Instagram 4. Estratexia de contidos Marcas nas que inspirarte Relator: o obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse