Evento
Promociona o teu negocio con Google My Business
| Data Inicio: | 21/10/2021 12:00 | ||
| Data Fin: | 21/10/2021 13:00 | Duración: | 1:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Pontevedra | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom O obxectivo deste taller é dar a coñecer a ferramenta de Google, enfocada a negocios locais que busquen unha maior visibilidade. Google My Business está pensado para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Xeolocalización e as procuras que a súa potencial clientela poidan facer, empregando o buscador de Google O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online. Inscricións a través da seguinte ligazón | |||
| Url do Evento: | https://forms.gle/xRu6Qk2Bo3quBbQQ7 | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse