Evento
Pontevedra - Google Analytics: Iniciación á analítica Web
| Data Inicio: | 17/11/2016 19:00 | ||
| Data Fin: | 17/11/2016 21:00 | Duración: | 2:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Pontevedra | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
| Tipo de Solución: | Intelixencia de Negocio (BI) | ||
Obxectivo: Neste obradoiro trataremos de iniciar a autónomos, pequenos empresarios e emprendedores na análise dos resultados que obtemos nos nosos sitios web, unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento das persoas usuarias para que poidamos mellorar a súa experiencia. Desta forma seremos máis atractivos e obteremos máis visitas e de mellor calidade, o que nos axudará a obter máis e mellores vendas. Contidos: • Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web • Como funciona Google Analytics? • Creación dunha conta • Creación e instalación do código de seguimento • Conceptos e métricas básicas • Informes estándar ¡Mans á obra! Relator: o obradoiro será impartido por Alberto Falcón, Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad do País Vasco e Máster en Integración de Redes en contornas Internet, con mais de 12 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. Especialista en Marketing Online. | |||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse