Evento
Técnica e composición en fotografía
| Data Inicio: | 28/09/2021 18:00 | ||
| Data Fin: | 28/09/2021 19:00 | Duración: | 1:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme O Porriño | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom Cando comezamos no mundo da fotografía temos que ter en conta moitas cousas, desde o formato empregado, ata a luz e como afecta a nosa fotografía, hai moitos elementos que non se poden deixar ao azar e que podemos controlar para facer o tipo fotografía que queremos e do xeito que precisamos. Neste obradoiro imos ver técnicas, características e composicións que podemos levar a cabo ao sacar as nosas fotografías, xa sexa cun teléfono móbil ou coa nosa cámara máis profesional. Aprenderemos que podemos controlar dentro do marco da fotografía para ser o máis creativos posibles e deste xeito facer unha fotografía interesante e que chame a atención. O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa Inscricións a través da seguinte ligazón: | |||
| Url do Evento: | https://forms.gle/UwXXLnD9LrxMpymQ8 | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse