Evento
Mellora a túa productividade con Trello e outras aplicacións I
| Data Inicio: | 01/06/2021 12:00 | ||
| Data Fin: | 01/06/2021 13:00 | Duración: | 1:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Lalín | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom Coa irrupción do COVID 19 no ano 2020, moitas empresas, persoas traballadoras e autónomos víronse afectadas a desempeñar o seu traballo dende as súas casas. Con esta situación en remoto, as persoas profesionais tiveron que empregar ferramentas e técnicas de produtividade e rendemento no traballo que ata o de agora eran descoñecidas para elas. Neste obradoiro, aprenderás técnicas de produtividade e tamén cómo xestionar ferramentas que permitan transformar o traballo: Trello e outras apps de almacenamento, calendarización ou colaboración de tareas. En mellora a túa produtividade con Trello e outras aplicacións I tratarase: 1) Teletraballo e produtividade 2) Trello O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa Inscricións a través da seguinte ligazón: | |||
| Url do Evento: | https://forms.gle/QqKH1iqSCGcXeDSF7 | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse