Evento
Grava e edita co teu teléfono móbil: Inshot
Data Inicio: | 08/03/2021 18:00 | ||
Data Fin: | 08/03/2021 19:00 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Cambados | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom Recomendable: descargar a app Inshot no teléfono móbil antes do obradoiro para ir practicando á vez. Os vídeos cobran forza nas redes sociais, unha fotografía xa non é suficiente para chegar ao noso público. Se queres ter as rendas das pezas audiovisuais do teu negocio, aprende a editar desde o teu teléfono con inshot, neste taller veremos as ferramentas básicas para comezar a editar nós mesmos. 1. Posibles usos da aplicación 2. Ferramentas e funcionamento 3. Curta edición e edición de vídeo. O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa. Inscricións a través da seguinte ligazón: | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/xpkheew9HAXaHnC19 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse