Evento
Ferramentas de chat e atención ao cliente
Data Inicio: | 26/01/2021 18:00 | ||
Data Fin: | 26/01/2021 19:00 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Lalín | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. Cada vez é máis común visitar unha páxina web ou facer unha compra en liña acompañados por unha persoa empregada do negocio que nos guía e axuda nese trámite a través dun chat. É por iso, que os chats constitúen unha ferramenta idónea para mellorar a nosa canle de atención ao cliente e aumentar a súa confianza e fidelidade. Neste obradoiro coñecerás cáles son as vantaxes destas ferramentas, coñecerás en vivo cál é o funcionamento básico e outras opcións para todo tipo de xestores de contidos. O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa. Inscricións a través da seguinte ligazón: | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/bXyZnq359h3JchtL9 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse