Evento
Guía de boas prácticas para redes sociais
Data Inicio: | 05/05/2020 17:00 | ||
Data Fin: | 05/05/2020 18:00 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Vigo | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Hoxe en día ninguén pon en dúbida que as Redes Sociais son un fenómeno sociolóxico que cambiaron a nosa maneira de comunicarnos. Por tanto, o noso negocio non debe ser alleo a iso, pero debemos establecer e seguir certas normas á hora de utilizalas desde o punto de vista profesional. Neste obradoiro daranse as pautas para contar cunha exitosa estratexia en redes sociais como ferramenta de comunicación para o noso negocio. Índice de contidos Por que necesito unha guía de boas prácticas en Redes Sociais? Uso persoal vs. uso profesional Aspectos a ter en conta Exemplos de manuais corporativos de boas prácticas O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce. | |||
Url do Evento: | https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScdmDtH-cihIjf0s3QMKt8R8Z04XtnTXBTnF-Qfe_l4s7DNqA/viewform?usp=sf_link |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse