Evento
Lalín- Iniciación ao SEO I: conceptos, palabras clave e primeiros pasos
| Data Inicio: | 16/01/2020 19:00 | ||
| Data Fin: | 16/01/2020 21:00 | Duración: | 2:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Lalín | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Traballar o SEO é a mellor forma de que os usuarios de Google poidan atoparche por medio das procuras que realizan. Neste primeiro taller achegarémonos aos conceptos básicos que o compoñen e veremos o proceso de transformación dun sitio web para mellorar o posicionamento nos principais buscadores, aumentando así o tráfico de usuarios ou clientes. Índice Contidos 1. Introdución e Conceptos Básicos SEO. 2. Que son e para que serven as palabras crave? Deseña a túa estratexia. 3. Factores SEO técnico na páxina web: diagnóstico, ferramentas e optimización O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa | |||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse