Evento
Cambados- Fotografía de produto: todo o que debes saber
Data Inicio: | 10/12/2019 19:00 | ||
Data Fin: | 10/12/2019 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Cambados | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
A fotografía de produto é o escaparate do noso local no mundo on- line, por iso debemos ser coidadosos á hora de realizar as nosas fotografías, coidar os detalles a luz e a composición son os factores máis importantes da nosa fotografía. Da calidade da nosa imaxe dependerá a capacidade de aceptación ou desexo de consumir os nosos produtos ou servizos. Neste taller repasaremos as claves e os elementos que debemos utilizar para realizar unha boa fotografía de produto. Recomendable traer cámara propia para realizar prácticas de fotografía de produto. Índice de contidos: 1. Que é a fotografía de produto? 2. Claves para conseguir a fotografía perfecta. 3. Que necesitamos para facer boas fotografías de produto? 4. Elementos para realizar as fotografías. 5. Requisitos de tendas on- line (tamaños, calidade, etc.) 6. Práctica de edición como programa on- line. O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse