Evento
Pontevedra- Mide os teus obxectivos nas redes sociais: Análise de estatísticas
Data Inicio: | 14/11/2019 19:00 | ||
Data Fin: | 14/11/2019 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Pontevedra | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
As redes sociais son unha vía de difusión de contidos cada vez máis necesaria para o noso negocio. Pero para coñecer se estamos a levar a cabo unha estratexia adecuada nelas é necesario analizar os datos que nos proporcionan: Para saber se aumentaron os nosos seguidores, que publicacións teñen un mellor rendemento ou en que momento é mellor publicar, debemos recorrer á analítica cuantitativa e á interpretación cualitativa de cada un dos datos obtidos. Neste taller aprenderemos a coñecer, localizar e interpretar as estatísticas das redes sociais máis populares para determinar se as estamos utilizando adecuadamente no noso plan de márketing. Índice de contidos: 1. Introdución á analítica en Redes Sociais 2. Obxectivos e métricas máis importantes 3. Análise por rede social 3.1. Facebook 3.2. Instagram 3.3. Twitter 3.4. Linkedin 4. Ferramentas de analítica O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse