Evento
O Porriño- Crea unha páxina profesional con WordPress
Data Inicio: | 12/11/2019 18:00 | ||
Data Fin: | 12/11/2019 21:00 | Duración: | 3:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme O Porriño | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Durante esta xornada comprenderemos as posibilidades que ofrece WordPress, aprenderanse os pasos para crear un sitio web con este CMS e profundarase no deseño, desenvolvemento e xestión da páxina para conseguir un sitio web profesional e optimizado. Índice de contidos: 1- Instalación de WordPress 2- Configuración básica 3- Manexo dos temas 4- Engadir entradas ao blogue 5- Engadir páxinas 6- Xestión de plugins e widgets 7- Xestionar comentarios 8- Actualizacións 9- Formularios 10- Copias de seguridade Nivel: intermedio O taller será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse