Evento
O Porriño- Iniciación ao SEO I: conceptos, palabras clave e primeiros pasos
Data Inicio: | 14/11/2019 19:00 | ||
Data Fin: | 14/11/2019 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme O Porriño | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Traballar o SEO é a mellor forma de que os usuarios de Google poidan atoparche por medio das procuras que realizan. Neste primeiro taller achegarémonos aos conceptos básicos que o compoñen e veremos o proceso de transformación dun sitio web para mellorar o posicionamento nos principais buscadores, aumentando así o tráfico de usuarios ou clientes. Índice Contidos 1. Introdución e Conceptos Básicos SEO. 2. Que son e para que serven as palabras crave? Deseña a túa estratexia. 3. Factores SEO técnico na páxina web: diagnóstico, ferramentas e optimización O taller será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse