Evento
Cambados- Vídeo co teu smartphone: crea, grava e edita como un profesional
Data Inicio: | 12/11/2019 19:00 | ||
Data Fin: | 12/11/2019 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Cambados | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
As redes sociais cada día son máis visuais, se queremos triunfar nelas debemos ser máis innovadores que os demais, crear vídeos máis profesionais onde mostremos todo o potencial da nosa empresa ou negocio. Neste taller aprenderás diferentes técnicas para gravar vídeos, planos e movementos de cámara, ademais de edición e publicación dos mesmos. Contido: 1. O vídeo en redes sociais. 2. Tipos de vídeos. 2.1 Presentación de empresas 2.2 Presentación de produtos. 2.3 Fashion Film (catálogo visual). 2.4 Eventos. 3. Planificación: Constrúe unha historia. 4. Ferramentas e material para gravar. 5. Tipos de planos. 6. Movementos da cámara. 7. Formatos e resolución. 8. Apps de edición de vídeo. 9. Publicación de vídeos. O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse