Evento
Pontevedra- Mellora a túa presenza online promocionando o teu blog
Data Inicio: | 24/09/2019 19:00 | ||
Data Fin: | 24/09/2019 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Pontevedra | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Este obradoiro ten como obxectivo ensinar aos asistentes a importancia de crear un blogue de calidade dentro da súa páxina web, como facelo, os seus beneficios e sobre todo como optimizalo para xeral o maior tráfico desde o posicionamento SEO e as redes sociais. Índice de contidos: - Que é un blogue? - Como se crea un blogue? Publicación de entradas. - Aspectos que melloran o posicionamento SEO - Postear entradas en redes sociais. - Xera contido para redes sociais co contido estático da túa páxina web. - Ferramentas de interese O obradoiro será impartido por Natalia Martínez, xornalista especializada en comunicación corporativa e márketing dixital, con máis de 10 anos de experiencia executando proxectos dixitais multidisciplinares e asesorando a empresas e marcas. Nos últimos anos foi docente especialista en publicidade dixital e analítica web para o Máster de Márketing Dixital da USC. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse