Evento
Pontevedra- Emprego de vídeo nas redes sociais: Youtube
Data Inicio: | 17/09/2019 19:00 | ||
Data Fin: | 17/09/2019 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Pontevedra | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Neste obradoiro veremos como integrar o vídeo na túa estratexia de marketing online, recomendacións para realizar vídeos que provoquen engagement entre a túa audiencia e cales son as redes sociais (YouTube, Facebook...) que che facilitaran a tarefa de difundilos. Índice de contidos • Vídeo marketing y razóns polas que incluílo na túa estratexia • Youtube • Vídeo noutras redes sociais: Facebook, etc. • Aspectos técnicos e estéticos para a realización de vídeos O obradoiro será impartido por Natalia Martínez, xornalista especializada en comunicación corporativa e márketing dixital, con máis de 10 anos de experiencia executando proxectos dixitais multidisciplinares e asesorando a empresas e marcas. Nos últimos anos foi docente especialista en publicidade dixital e analítica web para o Máster de Márketing Dixital da USC. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse