Evento
Lalín - Guía de boas prácticas para redes sociais
Data Inicio: | 30/04/2019 19:00 | ||
Data Fin: | 30/04/2019 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Lalín | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Hoxe en día ninguén pon en dúbida que as Redes Sociais son un fenómeno sociolóxico que cambiaron a nosa maneira de comunicarnos. Por tanto, o noso negocio non debe ser alleo a iso, pero debemos establecer e seguir certas normas á hora de utilizalas desde o punto de vista profesional. Neste taller daranse as pautas para contar cunha exitosa estratexia en redes sociais como ferramenta de comunicación para o noso negocio. Índice de contidos: • Por que necesito unha guía de boas prácticas en Redes Sociais? • Uso persoal vs. uso profesional • Aspectos a ter en conta • Exemplos de manuais corporativos de boas prácticas O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse