Evento
Vigo - Instagram para a promoción de establecementos turísticos
Data Inicio: | 26/02/2019 17:00 | ||
Data Fin: | 26/02/2019 19:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Vigo | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Instagram é unha das redes sociais que hoxe en día está máis de “moda” sobre todo no ámbito do turismo. Implementando unha boa estratexia de márketing poderás atraer a un público máis cualificado e alongar a súa experiencia co teu produto. Calquera usuario, ao ver unha imaxe en Instagram dalgún produto/destino/establecemento turístico, pode sentir a necesidade coñecerche, converténdose tamén nun prescritor a túa marca, contando a súa experiencia coas súas propias imaxes. Índice de contidos: • Introdución. • Guía rápida de creación da túa conta en Instagram para empresas. • Consellos de uso para gañar visibilidade. • Ferramentas para optimizar a presenza do teu negocio. • Publicidade en Instagram: Instagram ads e “ Instagram stories” O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse