Evento
O Porriño - Xestión e comercialización de aloxamentos turísticos
Data Inicio: | 12/02/2019 17:00 | ||
Data Fin: | 12/02/2019 19:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme O Porriño | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
O mercado de aluguer vacacional está en auxe e pode ser unha boa oportunidade de negocio para os propietarios de vivivendas e apartamentos. É necesario unha xestión con novas estratexias de comercialización e márketing en liña para aumentar as reservas e o beneficio que xeran as mesmas aos empresarios. Índice de contidos: • Clasificación e requisitos legais • Plataformas de comercialización en liña • Reservas e Check-in en liña • Como mellorar a experiencia do usuario O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse