Evento
Ponteareas - Woocommerce: A solución que buscabas para vender por Internet
Data Inicio: | 15/01/2019 18:00 | ||
Data Fin: | 15/01/2019 21:00 | Duración: | 3:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Ponteareas | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Woocommerce é unha ferramenta moi sinxela e intuitiva que permite poder montar unha tenda online cunha catálogo non moi amplo. É un plugin de WordPress de código aberto e gratuíto que che permitirá realizar e ter a túa tenda online. Neste obradoiro ensinámosche a instalalo, ver todas as súas características, pasarelas e formas de pago, así como incluír produtos e xestionar pedidos. Índice de contidos: - Elementos a ter en conta. - Instalación de Woocommerce e consideracións importantes. - Configuración de Woocommerce. - Produtos Simples. - Produtos Agrupados. - Produtos Externos/Afiliados. - Produtos Variables. - Plugins (seguridade, pedidos, campos…). O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse