Evento
Lalín - Trucos para conseguir unhas fotografías deliciosas
Data Inicio: | 08/11/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 08/11/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Lalín | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Cada vez cobra máis importancia a fotografía gastronómica e é que a través dela chamas a atención dos teus comensais ( ou os afastas por completo cunha mala fotografía que non faga xustiza ao teu traballo!). Ensinarémosvos a crear fotografías deliciosas de principio a fin para que sexan capaces de crear emocións e traspasar a pantalla. Índice de contidos: • Introdución, un aperitivo de nocións básicas • Iluminación • Ingredientes e tempos • A arte de compoñer na fotografía gastronómica • Trucos para empratar como un estilista culinario • Os ángulos que usaremos ao fotografar alimentos • Equípache como un profesional: atrezo • Planifica a túa sesión de fotos e a fotografiar! O obradoiro será impartido por Uxía Alvarez fotógrafa e xestora de redes sociais, especializada en fotografía de produto, estilismo fotográfico e fotografía enfocada a redes sociais. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse