Evento
Cambados - Escolle o hosting máis adecuado para as túas necesidades
Data Inicio: | 06/11/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 06/11/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Cambados | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Con este obradoiro axudámosche á hora de elixir e contratar un dominio e aloxamento para a túa web. É importante saber que nome ten que darlle á súa páxina para sacarlle o máximo partido. Saber elixir un aloxamento que se axuste ás súas necesidades, capacidade de espazo, velocidade, seguridade, servizo técnico, prezos e outros, son importantes detalles que hai que ter moi en conta á hora de elixir entre as distintas empresas provedoras destes servizos. Índice de contidos: - Que é un dominio e tipos de dominio - Consellos para elixir un nome de dominio, recomendacións - Como varían os prezos á hora de ter un tipo de dominio ou outros? - Pasos a realizar para a contratación dun dominio - Que é un Aloxamento e tipos de aloxamentos - Características que pode ofrecernos un aloxamento - Exemplos de empresas provedoras de aloxamento - Pasos a realizar para a contratación dun aloxamento O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse