Evento
O Porriño - Woocommerce: A solución que buscabas para vender por internet
Data Inicio: | 03/07/2018 18:00 | ||
Data Fin: | 03/07/2018 21:00 | Duración: | 3:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme O Porriño | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Taller dirixido a todos aqueles empresarios e empresarias que queiran xestionar a súa propia tenda online dunha maneira sinxela á vez que potente. Neste taller aprenderemos os conceptos básicos a ter en conta na instalación, configuración e xestión dun ecommerce con Woocomerce. Trataranse aspectos como a configuración dos distintos tipos de produtos, métodos de envío e formas de pago entre outros temas. Índice de contidos: Woocommerce vs outros xestores de tenda online Instalación e configuración básica Xestión de produtos Métodos de envío e de pago Xestión de pedidos e clientes Addons para woocommerce O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse