Evento
Cambados - Edición de fotografía para plataformas e-commerce
Data Inicio: | 07/05/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 07/05/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Cambados | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer ferramentas de retoque como o editor de fotografía Pixlr, gratuíto, que non necesita descargarse e que é de manexo básico e fácil. Subministraranse fotos para converter o fondo a branco puro, borrar imperfeccións ou redimensionalas ao tamaño requirido por Amazon, entre outras ferramentas de edición Índice de contidos: 1. Coñecer as recomendacións xerais para mellorar as fotos. 2. Requisitos de calidade estética e técnica das imaxes que esixen Amazon, Ebay, Googleshopping e Etsy. 3. Introducirnos no editor de fotografía Pixlr, para coñecer como: • Limpar manchas ou impurezas do produto • Suprimir ou borrar elementos da imaxe • Modificar contraste e brillo • Intensificar as cores • Seleccionar fondo • Branquear o fondo • Redimensionar a imaxe • Gardar O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse