Evento
Barro-Meis - Iniciación ao Arduino, primeiros pasos. Módulo II
Data Inicio: | 16/04/2018 13:00 | ||
Data Fin: | 16/04/2018 14:30 | Duración: | 1:30 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Barro-Meis | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Este taller correspóndese coa primeira parte dunha serie de talleres nos cales se pretende profundar e ampliar os coñecementos acerca da placa de Arduino, placa impresa cos compoñentes necesarios para que funcione un microcontrolador e a súa comunicación co ordenador. Daranse os primeiros pasos no desenvolvimiento de proxectos, a utilización de sensores e mostraranse as posibilidades que ofrece para a construción de dispositivos dixitais. Por último, comunicarlles que para o desenvolvemento do mesmo será necesario acudir cun ordenador. Índide de contidos - Que é o coñecemento Gratis? - Que é o coñecemento Libre e como se diferencia do coñecemento Gratis? - Que é o proxecto Arduino? - Que é un Robot? - Elementos dos Robots - Dixital e Analóxico - Os Pines do Arduino - Contornas de Texto e Visuais - Bitbloq 2 O taller será impartido por Fernando A. Coadas, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, formador técnico en novas tecnoloxías con máis de 22 anos de experiencia profesional. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse