Evento
Barro-Meis - NAS, a túa solución de almacenamento en rede
Data Inicio: | 27/03/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 27/03/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Barro-Meis | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Neste taller veremos como montar un NAS para compartir a nosa información en rede, almacenar copias de seguridade, centralizar as descargas, compartir documentación, etc.. Explicaranse as funcionalidades engadidas das que se pode dispoñer e publicaremos a información que nos interesa na internet para facela accesible desde calquera localización. Índice de contidos Que é un NAS? Para que serve? Como funciona? Que funcionalidades ten? Distribucións NAS gratuítas O obradoiro será impartido por Francisco Lorenzo Castro, Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas, pola Universidade da Coruña e Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo coa especialidade de "Seguridade Informática" e "Sistemas Virtualizados"; levando máis de dez anos no sector da virtualización de sistemas e consolidación de servidores. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse