Evento
Pontevedra - A túa páxina web en menos de 90 minutos
Data Inicio: | 08/02/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 08/02/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Pontevedra | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Neste obradoiro trataranse de mostrar os pasos técnicos necesarios para dispor dun espazo web propio en internet que nos proporcione unha imaxe de empresa, marca ou produto coa que identificarnos e diferenciarnos. Será “a nosa casa” na rede, onde usuarios e clientes poderán atopar os nosos datos de contacto e información de interese sobre os produtos e servizos que ofrecemos. Índice de contidos • Diferenciemos o que é a web e o que é internet • A túa dirección web será a túa marca, escolle ben! • Non te enlees coas páxinas web, dedícate a crear os contidos • Teño un nome, sei quen son: ó choio! Exemplo de ferramenta coa que poder montar a túa web en 50 minutos • E, finalmente, como darnos a coñecer na rede O Obradoiro será impartido por Rafael Yáñez Dobarro, Técnico de Sistemas, especializado en redes e seguridade, con máis de 14 anos de experienciana implantación TIC nas empresas. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse