Evento
Cambados - Crea o teu propio logotipo con Canva
Data Inicio: | 15/01/2018 19:00 | ||
Data Fin: | 15/01/2018 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Cambados | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Neste obradoiro explicarase que é e para que serve un logotipo. Recorreranse as características que debe ter un bo deseño e axustaremos as formas, tipografías e cores segundo o que queremos comunicar da nosa empresa. Aplicarase todo de forma práctica en Canva, onde todos crearán un deseño de logo real. Para isto é necesario ter unha conta creada en www.canva.com , ferramenta online e gratuíta de deseño. Índice de contidos • Que é, que importancia ten e que representa un logo. • Características principais que debe ter. • Analizar antes de deseñar. • Que tipografías y cores escoller. • Práctica, deseño de logotipo con canva. • Consellos finais. O Obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse