Infoprodutos I. Que son e como crealos

Data Inicio:  15/10/2026 12:00    
Data Fin:  15/10/2026 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Os infoprodutos son un negocio máis para moitos profesionais que deciden compartir os seus coñecementos e gañar diñeiro con eles. Neste obradoiro coñecerás que son os infoprodutos e como che poden axudar a crear un negocio que se xestiona de maneira automática. Aprenderemos os tipos de infoprodutos que existen actualmente no mercado en liña e cómo elaboralo seguindo uns pasos básicos que nos indicarán o seu éxito.

Índice de contidos:
1. Introdución: Qué son os infoprodutos
2. Tipos de infoprodutos
3. Pasos básicos para crear un infoproduto

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidad de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidad de A Coruña e un master en márketing dixital na UCM, con mais de 3 anos de experiencia en ecommerce e márketing dixital.
Url do Evento: https://forms.gle/kFuc6fhxwdGefRf76
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse