Mellora o teu posicionamento web con Google Search Console

Data Inicio:  30/07/2026 12:00    
Data Fin:  30/07/2026 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Céntrase en descubrir como saber manexar cada unha das ferramentas que Google Search Console pon a disposición dos empresarios e emprendedores para optimizar a súa páxina web e ser atopados de maneira rápida e sen erros por Google e os seus robots, o que se traduce nunha procura efectiva para os consumidores finais. O uso de Google Search Console é unha estupenda oportunidade para ir subindo posicións nos buscadores e aparecer na primeira páxina de resultados a custo cero.

Índice de contidos:
1. Que é Google Search Console?
2. Por que debo de usalo?
3. Primeiros pasos para configuralo
4. Mellora os aspectos de procura con Google Search Console
5. Consegue aumentar o tráfico da túa páxina web
6. Outras funcións importantes
7. Resumo

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidad de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidad de A Coruña e un master en márketing dixital na UCM, con mais de 3 anos de experiencia en ecommerce e márketing dixital.
Url do Evento: https://forms.gle/Vf9yakdQqBLQ1eH29
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse