Consegue máis conversións coa landing page perfecta

Data Inicio:  14/05/2026 12:00    
Data Fin:  14/05/2026 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Neste obradoiro, exploraremos que é unha páxina de destino e como podemos usala como parte importante da nosa estratexia de mercadotecnia dixital. A través de exemplos e empregando diferentes ferramentas, melloraremos as conversións para o noso negocio creando unha páxina de destino perfecta.

Índice de contidos:
1. Que é unha páxina de destino e por que a necesito?
2. Tipos de conversións e para que se usan.
3. Anatomía dunha páxina de destino: tipos e características.
4. Diferenzas entre unha páxina web e unha páxina de destino.
5. Ferramentas para crear unha páxina de destino.
6. Exemplos e casos de éxito.

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidad de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidad de A Coruña e un master en márketing dixital na UCM, con mais de 3 anos de experiencia en ecommerce e márketing dixital.
Url do Evento: https://forms.gle/kyNnSbdgvp2orUbf6
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse