Evento
Contido para Redes Sociais: como atraer clientes
| Data Inicio: | 18/03/2026 12:00 | ||
| Data Fin: | 18/03/2026 13:00 | Duración: | 1:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Ponteareas | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. En 2026, estar presente nas redes sociais non é suficiente. O algoritmo xa non espera a que o usuario remate de ver o teu vídeo; analiza o seu comportamento nos primeiros 2 segundos para decidir se o teu contido merece ser mostrado ou enterrado. Aprenderemos a usar o Sistema 70/30, unha metodoloxía onde o 70% do teu contido traballa para reter á audiencia e o 30% restante encárgase de converter seguidores en clientes. Aquí, a produción baseada no valor real vence á produción estética baleira. Índice de Contidos 1. Anatomía do Algoritmo 2026 2. Estratexia de Funil e Captación de Leads 3. Ferramentas e Formatos de Alto Impacto 4. Planificación e Produción Sostible O obradoiro será impartido por Guillermo Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web, Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros. | |||
| Url do Evento: | https://forms.gle/8atyc7XXqfUncmHb7 | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse