Conversas que convencen: xestiona críticas e pecha vendas

Data Inicio:  30/01/2026 12:00    
Data Fin:  30/01/2026 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Ponteareas 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Deixa de escribir o mesmo cen veces. Crearemos un sistema de respostas rápidas para redes sociais e WhatsApp. Aprenderás a xestionar críticas con elegancia e a dar prezos de forma que o cliente queira mercar. Un taller práctico para mellorar a comunicación, aforrar tempo e aumentar as vendas.

Índice de contidos: 
1. Sistema de respostas rápidas
2. Xestión de críticas con elegancia
3. Comunicación persuasiva para vender
4. Optimización do tempo
5. Práctica guiada

O obradoiro será impartido por Guillermo Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web, Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros.
Url do Evento: https://forms.gle/HYUpCNidWdo9hLCG6
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse