Evento
Protección de datos para as pemes II - Defende a túa empresa
| Data Inicio: | 15/01/2026 12:00 | ||
| Data Fin: | 15/01/2026 13:00 | Duración: | 1:00 |
| Organizado por: | Punto SmartPeme Barro-Meis | ||
| Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. Neste obradoiro aprenderás como protexer o teu negocio fronte a riscos dixitais e garantir a seguridade da información. Veremos medidas básicas de ciberseguridade que calquera peme pode aplicar (contrasinais seguros, copias de seguridade, uso de VPN), como auditar de forma sinxela os teus procesos de datos e como previr ataques mediante a concienciación do equipo. Tamén abordaremos os riscos sociais, como a enxeñaría social, e por que as persoas son a ligazón máis feble (e máis importante) na cadea de seguridade. Índice de contidos: 1. Ciberseguridade básica: medidas técnicas que calquera peme pode aplicar (contrasinais, copias de seguridade, VPN). 2. Prevención activa: como auditar de forma sinxela os nosos procesos de datos. 3. Riscos sociais: enxeñaría social e o papel crítico das persoas. 4. Cultura de seguridade: estratexias para concienciar e formar ao teu equipo. O obradoiro será impartido por Manuel Tornos, asesor do CPED (Centro de Desenvolvemento Industrial Informatizado) de Barro-Meis con máis de 30 anos de experiencia en TIC, experto en transformación dixital, optimización de procesos e novas tecnoloxías. Tamén é licenciado en Administración de Redes e Sistemas. | |||
| Url do Evento: | https://forms.gle/kdfvxexL9yrUfR2F7 | ||
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse
Rexistro
Calendario eventos
| « | Xaneiro 2026 | » | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
| 1 | 2 | 3 | 4 | |||
| 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
| 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
| 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
| 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | |
- Obxectivos de Desenvolvemento Sostible09 de xaneiro de 2026 12:00Máis información
- Intelixencia Artificial: como facer prompts correctos12 de xaneiro de 2026 12:00Máis información
- Affinity by Canva IV - Arquitectura visual13 de xaneiro de 2026 12:00Máis información
- Que é un Channel Manager e para que sirve14 de xaneiro de 2026 12:00Máis información
- Debate sobre IA: retos, oportunidades e impacto real14 de xaneiro de 2026 16:30Máis información
- Protección de datos para as pemes II - Defende a túa empresa15 de xaneiro de 2026 12:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento