Debate sobre IA: retos, oportunidades e impacto real

Data Inicio:  14/01/2026 16:30    
Data Fin:  14/01/2026 17:30 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Cambados 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
A Intelixencia Artificial está a transformar a forma na que traballamos, nos comunicamos e tomamos decisións. Pero, que retos presenta? Que oportunidades ofrece? Como afectará ás empresas e aos profesionais nos próximos anos?

Neste debate aberto, moderado pola nosa asesora Fátima Falide, analizaremos o presente e o futuro da IA desde diferentes perspectivas. Contaremos coa experiencia dos nosos asesores expertos José Luis Taboada e Manuel Tornos, que compartirán a súa visión sobre como esta tecnoloxía pode impactar na sociedade e nos negocios.

Un espazo para reflexionar, preguntar e entender como prepararnos para o que vén.
Url do Evento: https://forms.gle/rZx8ouvQ3pPmRPab7
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse